lunedì, dicembre 24, 2007

A raíz do toxo verde é moi mala de arrincare
Os amoriños primeiros son moi malos de olvidare
Sei dun niño de un carrizo na cabeza dun repolo
Deron as mozas con el levaron cañoto e todo
Unha vella díxolle á outra polo buraco da porta: ti goberna a túa vida que a miña nada che importa
A miña muller morreume e enterreina no palleiro
Deixeille un brazo de fóra pra que tocara o pandeiro
Miña nai e maila túa quedan no río berrando por culpa dunha galiña que ten amores co galo
Nena que vende-las peras cantas che mandaron dare
Para ti meu queridiño non mas mandaron contare
Esta noite e maila outra e maila outra pasada
Avalei unha pereira que nunca fora avalada
(C. Popular)